A oposicion rexeita os orzamentos do 2013 presentados
polo equipo goberno do Partido Popular
Os orzamentos do Concello de Fene do 2013 entran nunha
nova fase. O Alcalde ten a potestade de presentalos unha segunda vez, iso sí
asociados a unha moción de confianza.
No Concello de Fene debatironse onte en Pleno os
orzamentos deste ano. O Partido Popular
someteu as contas municipais sen contar co acordo previo de ningún grupo da
oposición. PSOE, BNG e Esquerda Unida votaron en contra no Pleno. O Alcalde
Gumersindo Galego asociara os orzamentos a unha cuestión de confianza. Neste
caso, a oposición tería un prazo de 30 dias para presentar unha moción de
censura. Se non se puxeran dacordo, os presupostos quedarían aprobados de xeito
automático.
Segundo explicou o alcalde do municipio, Gumersindo
Galego Feal, os presupostos empezáronse a negociar o pasado mes de febreiro,
cando o BNG formulou a necesidade de incluír un plan de emprego, e se foron
dilatando. En marzo, sinala, reuniuse cos grupos na oposición para formular o
xeito de realizar o pagamento a provedores, uns 220.000 euros, que se podía
realizar a través do plan estatal ou con cargo a fondos propios. «Todo o mundo
dixo que se fixese con fondos propios, o que supuxo esgotar a partida de gasto
corrente, coa idea de que en setembro volveriamos lanzar a partida co
superávit, a expensas dunha lei do goberno para poder utilizar estes fondos,
que aínda non saíu adiante», sinala o rexedor. Por iso, formularon introducir
nos presupostos 200.000 euros procedentes dun exceso de recadación obtidos a
través da suba estatal do IBI. «Se non se fai o presuposto se pode incorporar
esta partida para gasto para bens e servizos para os veciños. Todo ese diñeiro
vaise amortizar con débeda bancaria», detalla Galego. «É unha falta de
responsabilidade e lealdade institucional. A responsabilidade da medida de
acudir á partida de gasto corrente foi de todos, e as consecuencias tamén»,
achaca o rexedor, e sinala que, aínda que xa están a traballar en elaborar os do
2014, lamenta que poidan ter «o mesmo resultado».
No hay comentarios:
Publicar un comentario