O importante agora
en Navantia non é o plan de viabilidade da empresa, senón que peche a
contratación de barcos. Primeiro, carga de traballo para os estaleiros;
despois, as reformas que poidan ser necesarias para manter a súa
competitividade.
Falar de plans de
viabilidade sen barcos é facer ciencia ficción. O prioritario é carga de
traballo.
Pedro Puy: “O importante é que Navantia e a súa
dirección, que están a demostrar unha incapacidade absoluta de conseguir carga
de traballo, ou ben a consigan, ou ben cedan o paso a quen sexa capaz de
conseguila”
Feijóo: “Navantia ten un gran reto por diante e ese reto cada
vez está máis esgotado desde o punto de vista de datas. A data para conseguir
carga de traballo está finalizada e espero e desexo que os directivos sexan
capaces de cumprir e de impulsar carga de traballo ao estaleiro de Fene-Ferrol”
Respecto dos
balances diferenciados, o que pediu Feijóo a pasada semana son datos oficiais
do estaleiro, que nunca foron feitos públicos. Os que ofrece o BNG son os
mesmos que manexa o comité de empresa, de cuxa fiabilidade non se dubida, pero
que non son oficiais. É un segredo a voces que Navantia Ferrol si é rendible.
Pero queremos que a empresa o recoñeza publicamente.
Segundo manifestou o
alcalde, Ferrol obtivo 100 millóns de euros de beneficios no últimos cinco
anos. O resto de unidades de Navantia están afundidas en perdas millonarias.
Non pode ter o mesmo
trato un centro eficiente como Ferrol que outros que non o son, como Cádiz e
Cartaxena.
Os socialistas andaluces reprobaron onte a Feijóo por pedir os
balances diferenciados. O PSOE, que tanto ten que calar na política dos
estaleiros públicos, está de novo contra Galicia en materia naval. Besteiro
debería acalar, se é que é capaz, a Susana Díaz.
O PPdeG, do mesmo xeito que o PP de
Ferrolterra, apoia as reivindicacións dos traballadores do sector naval
ferrolán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario