Entroido 2014 no Concello de Fene
A Praza do Concello acollerá a festa
infantil e o festival de comparsas nos días grandes do Entroido fenés
Catorce comparsas participarán este ano no desfile de
Entroido que se celebrará no Concello de Fene o vindeiro 5 de marzo, Mércores
de Cinza e festivo local no Concello de Fene. As agrupacións que tomarán parte
no día grande do Entroido fenés son: Os Argalleiros, A Canteira, Peter Pan, Os
Trastos, Os Juasapeiros da Comarca, Os Xunquiños, A Revolta de Trasancos, Os
Colludos, Centieiras e os oficios, Os Scratchados, Non importa que chova (Paso
a paso), Emoticonos, Xeriatros Narón e Os Picapedra de Ferrol.
As actividades do Entroido 2013 no Concello de Fene
comezarán xa a víspera, o martes 4 de marzo, cunha festa infantil amenizada
polo grupo Nueva Onda que se desenvolverá na Praza do Concello de 17.30 a 20.30
horas. Ademais, no descanso, ofrecerase a tradicional Degustación de Lambetadas
do Entroido, actividade que conta coa colaboración de: Panadería Ramón
(Sillobre), Panadería “El Cruce” (Maniños), Panadería Abroa (San Valentín),
Pastelería “Larpeiradas (Perlío), Pastelería Amaría (Fene), Confitería Sara
(Perlío), Confitería Martínez (Fene), Cafetería e Panadería Migas (Perlío)
Xa o mércores, 5 de marzo, celebrarase o desfile e
posterior festival de comparsas. As agrupacións participantes concentraranse ás
17.30 horas na rúa Río Cádavo (Perlío) e, a continuación, desfilarán por Avda.
Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais. O percorrido finalizará
na Praza do Concello onde se celebrará o Festival, coa actuación das comparsas
Os Trastos, Os Juasapeiros da Comarca, Os Xunquiños, A Revolta de Trasancos, Os
Colludos, Centieiras e os Oficios, Os Scratchados e Non importa que chova. Paso
a Paso.
Ao remate das actuacións, darase a coñecer o nome das
comparsas gañadoras do concurso que este ano organiza a Concellería de Cultura
para premiar a calidade e creatividade das agrupacións participantes. Un
xurado, presidido pola concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e formado por
cinco representantes das comparsas (elexidos por sorteo), será quen decida a
quén se lle outorgarán os seguintes premios:
1º Premio, dotado con 400 euros
2º Premio, dotado con 300 euros
3º Premio, dotado con 150 euros
Premios especiais ás comparsas de Fene:
1º Premio de 500 euros á mellor comparsa de adultos de
Fene. Este premio non é acumulable cos outros premios.
2º Premio de 350 euros á
segunda mellor comparsa de adultos de Fene. Este premio non é acumulable
cos outros premios.
Finalmente, procederase á lectura do testamento, á queima
do boneco e á sesión de fogos de artificio. Para rematar, ao redor das 21 horas
comezará o baile coa orquestra Os Players.
Organiza:
Concellería de Cultura do Concello de Fene
Colabora: Asociación Cultural Os Tadetas
No hay comentarios:
Publicar un comentario