Defender o naval é defender a comarca
O alcalde de Fene, Gumersindo Pedro Galego Feal, ditou o
seguinte bando.
BANDO
A comarca de Ferrol, Eume e Ortegal está a sufrir unha
crise económica que pon en serias dificultades á poboación da zona. É preciso
que desde o ámbito político adóptense canto antes medidas urxentes para
defender un sector, tan castigado como o
do naval.
O futuro da empresa Navantia é o porvir económico da
comarca e depende de conseguir carga de traballo inmediata. A situación do
sector naval pasa polo peor momento das últimas décadas e a destrución de
emprego non ten precedentes. Apenas quedan traballadores na industria auxiliar
e o persoal principal non ten ocupación real.
Nesta situación o
estaleiro de Fene non ten carga de traballo nin plans de futuro, a construción
do dique flotante segue pendente e non hai carga de traballo na construción
militar.
Para que esta situación cambie é necesario reivindicar
medidas inmediatas para a consecución de carga de traballo. Por iso o Concello
de Fene apoia a mobilización comarcal convocada polos comités de empresa de
Navantia Ria de Ferrol que, baixo a lema defender o naval é defender a comarca
celebrarase o vindeiro domingo día 30 de Marzo, con saída ás 12 horas do
Inferniño, e chama a todos os veciños á participación.
TRABALLO
PARA NAVANTIA! VETO NON! DIQUE, SI
Fene, 24 de Marzo de 2014
O
ALCALDE
Gumersindo
Galego Feal
No hay comentarios:
Publicar un comentario