NAVAL
O anuncio de Bruxelas de que o veto
civil a Navantia conclúe o 1 de xaneiro de 2015 é unha excelente noticia que
abre un futuro para a comarca de Ferrolterra.
Este veto foi aceptado polo PSOE de
Zapatero, e custou moito sufrimento e postos de traballo para o naval ferrolán.
Os populares galegos esixiremos unha
vez máis a Navantia que aproveite as potencialidades do mellor estaleiro de
Europa e o faga rendible a través dunha acción comercial seria e eficiente.
Navantia queda sen escusas para non
garantir a viabilidade dos estaleiros de Ferrolterra.
A empresa debe clarificar cal é a súa
folla de ruta a partir de agora.
Os gobernos galego e español
actuaron con responsabilidade, xerando carga de traballo que manteña a
actividade. Hoxe o flotel é unha realidade, e o BAM da Armada o será en breve.
Pedimos á oposición que sexa
prudente e non caia en inconsistencias como esixir a construción do dique
flotante con diñeiro público, porque Bruxelas xa advertiu que esa fórmula
vulnera a competencia e podería supoñer novas sancións.
O naval necesita menos demagoxia e máis
traballo. O PP sábeo e por iso os seus anuncios son de pedidos para os
estaleiros.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego (PP), afirmou que o
fin do veto por si só non soluciona o problema da factoría. «Fomos unha moeda de cambio en Bruxelas e
creo que somos acredores dunha boa indemnización, que é que haxa carga de
traballo»
PARO AGOSTO
Galicia foi a comunidade na que máis
diminuíu o desemprego durante o mes de agosto (-3.340 persoas), a pesar de que
o paro subiu lixeiramente no conxunto de España (+8.070 persoas)
É un bo dato para Galicia, que
demostra que o noso mercado de traballo ten un dinamismo distinto ao nacional,
aínda que se enmarque dentro da tendencia xeral de recuperación económica.
Intermensual Estado: +0,18% Galicia: -1,39%
Interanual Estado: -5,76% Galicia: -7,99%
En taxa interanual, Galicia está a
crear emprego máis de dous puntos por encima da media estatal. Mantemos o noso
diferencial e aumentámolo.
É o terceiro maior descenso histórico,
xunto co producido o ano pasado (-3.578) e en 1997 (-3.354).
É o mellor comportamento desde o ano
1998 se falamos en termos relativos.
Na evolución interanual, a diferenza
entre agosto de 2013 e este mes de agosto, o número de parados diminúe en
20.585 persoas, o que representa en valores porcentuais o -7,99%.
Trátase da décima baixada interanual
consecutiva de paro rexistrado e a maior de todas elas en termos porcentuais.
Isto confirma a mellora progresiva no comportamento do paro iniciada desde
finais do pasado ano.
Trátase, igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de
agosto de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas
desde 1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999.
A lista do paro en Ferrolterra
menguou en 401 inscritos no pasado mes de agosto.
A comparativa co anterior mes de
xullo é especialmente favorable á zona do Eume, onde o descenso do desemprego
se sitúa no 3,27% (64 inscritos menos). Séguenlle a bisbarra de Ferrol, cunha
caída do 2,16% (330 "baixas" no paro rexistrado), e o Ortegal, onde o
saldo no movemento das lista de desemprego resultou un descenso de sete
persoas, un 0,89% de caída.
En Fene a baixada foi de 46
desempregados menos o que supon un -3,55% e un total de 1253 parados inscritos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario