No ámbito da
administración autonómica
-5 LEIS E 50 MEDIDAS
EN 50 DÍAS-
Feijóo cumpriu o seu
compromiso de comparecer na Cámara para tratar de acordar coa oposición
iniciativas de impulso democrático. O presidente levou á Cámara un programa de
impulso democrático con cinco leis e 50
medidas en 50 días para que Galicia vaia por diante en transparencia e
exemplaridade.
As propostas do Executivo céntranse
en tres liñas de actuación principais:
dotar á acción do
Goberno da transparencia máxima; conseguir, ao mesmo
tempo, un maior control externo do Goberno; e garantir unha maior participación cidadá na mellora do sistema de democracia representativa.
O PPdeG mantén intacta a súa vontade
de pactar coa oposición estas medidas, discutilas e melloralas no que se poida.
I.- Nova Lei de
Transparencia e Bo Goberno (sometida a un proceso previo de participación cidadá):
1-Creación dun Portal de
Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.
2-Mellora do Portal Open
Data da Xunta de Galicia.
3-Regulación do dereito
cidadán a recibir asistencia da administración para o exercicio do seu dereito
ao acceso á información pública.
4-Instauración dun réxime
sancionador para altos cargos por incumprimento das obrigas de transparencia.
5-Penalizacións para as
entidades externas que non cumpran coas obrigas de transparencia.
6-Plan de formación
específico para o persoal público en materia de transparencia.
7-Novos decretos reguladores
dos rexistros de contratos e de convenios, para aumentar as súas
funcionalidades tecnolóxicas e a súa transparencia.
Obriga legal de
publicación:
8-Do inventario de entes
instrumentais do sector público autonómico.
9-Dos seus plans de
actuación e contratos de xestión.
10-Das retribucións do
persoal directivo destes entes instrumentais.
11-Do programa
lexislativo do goberno.
12- Dos textos das
resolucións xudiciais que afecten á vixencia ou á interpretación da normativa autonómica.
13-Dos ditames e informes
dos órganos consultivos.
14-Do cadro total de
empregados públicos, con distribución por grupos.
15-Das relacións de
postos de traballo ou documentos equivalentes.
16-Das ofertas públicas
de emprego e dos procesos de selección de persoal.
17-Dos acordos, pactos e
convenios colectivos.
18-Dos liberados sindicais
e do custo que xeran.
19-Do gasto anual en
persoal eventual por departamento e da súa evolución.
20-Do curriculum vitae
dos altos cargos.
21-Da relación de bens
inmobles da Xunta de Galicia.
22-Da relación de vehículos
oficiais e uso ao que están destinados.
23-Dos orzamentos en
vigor, liquidacións dos anteriores e informes e auditorías relacionados.
24-Da estrutura da
carteira de débeda e do seu calendario de vencemento.
25-Da totalidade dos
contratos públicos, incluídos os menores.
26-Dos pregos de condicións
de todas as concesións de servizos públicos.
27-Dos instrumentos de
ordenación do territorio e plans urbanísticos.
28-Incorporación dun
sistema de alertas e notificacións no Portal de Transparencia e Goberno Aberto
que informe á cidadanía da apertura de procesos de participación.
29-Limitación das actuacións
dos gobernos en funcións.
30-Regulación dos
procesos de traspaso de poderes.
31-Consolidación por lei
da existencia dun Código Ético Institucional.
32-Mecanismo de
seguimento das medidas do Código Ético Institucional.
33-Proceso de reasignación
de efectivos destinado a reforzar as unidades destinadas a inspección e control
para evitar fraudes.
34-Publicidade das
actividades dos altos cargos nos dous anos previos ao nomeamento.
35-Obriga de inhibición
sobre asuntos que impliquen a empresas coas que estiveran vinculados neses dous
anos.
36-Prohibición de posuír
participacións superiores ao 10% de empresas que sexan subcontratistas da
administración.
37-Obriga de comunicar,
con carácter previo, as actividades que se vaian a exercer nos dous anos
posteriores ao cesamento, para comprobar a súa compatibilidade.
II.- Nova Lei de
Asistencia Xurídica do sector público autonómico:
38-Concreción legal dos
requisitos para recibir asistencia letrada da administración.
No ámbito
institucional
39-Coordinación da
asistencia que as Deputacións deben prestar aos concellos para o cumprimento
das súas obrigas en materia de transparencia.
40-Designación dun órgano
independente para recibir as reclamacións por denegación de acceso á información
pública en Galicia.
41-Mellora da seguridade
xurídica no eido local, aumentando as posibilidades de consulta dende as
entidades locais a organismos autonómicos como o Consello de Contas, o Consello
Consultivo, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou a Xunta
Consultiva de Contratación Administrativa.
III.- Nova Lei do
Consello de Contas que incluirá:
42-Creación dunha sección
do Consello de Contas para asumir competencias de prevención da corrupción.
43-Proceso de consolidación
e profesionalización do persoal ao servizo do Consello de Contas.
44-Potenciación das
auditorías operativas do Consello de Contas.
45-Atribución de funcións
fiscalizadoras sobre a evolución das declaracións patrimoniais dos altos
cargos.
No ámbito da
participación política
IV.- Nova Lei de
Financiamento dos Partidos Políticos no ámbito autonómico, que inclúa:
46-Prohibición de doazóns
aos partidos por parte de persoas xurídicas.
47-Obrigas de
transparencia das contas e auditorías dos partidos políticos galegos,
superiores ás da lexislación básica.
V.- Lei de Participación
Cidadá no Parlamento, que inclúa:
48-Regulación das
proposicións non de lei de iniciativa popular.
49-Regulación das
preguntas parlamentarias cidadás.
50-Regulación da
participación cidadá no proceso lexislativo
No hay comentarios:
Publicar un comentario