A Xunta aplicará o copago farmacéutico
porque así o establece a lexislación estatal, con independencia da opinión que se poida ter da
medida.
Se outras autonomías
non a aplican, deberán explicalo. Galicia
abre hospitais mentres outros teñen que pechalos.
É o Ministerio de
Sanidade o que establece os copagos, así como as especialidades que ven
afectadas polo mesmo.
Se o Ministerio suspende o copago de
ambulancias, próteses e produtos dietéticos, o Sergas limitarase a executar
esta decisión.
O Consello de Estado
deu a razón ao Ministerio ao suspender este copago.
Respecto ao copago
farmacéutico, lamentamos que se estea facendo demagoxia respecto a iso.
Os 160 medicamentos que pasan a ter achega
do usuario terán un tope de 4,20 euros, aínda que ou fármaco custe dez, cen ou
mil veces máis.
Parados e pensións non contributivas
seguirán sen pagar nada polos medicamentos. O resto de pensionistas non pagarán máis alá do tope de
8, 18 ou 60 euros que xa teñen establecido.
Non hai diferenza
entre adquirir medicamentos nunha oficina de farmacia a facelo nunha farmacia
hospitalaria. A achega do usuario vai ser a mesma e vai seguir sendo limitada.
O atraso na aplicación
deber a cuestións técnicas, á espera de que os hospitais teñan preparado o
sistema de cobro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario