Antecedentes.
O PPdeG avanzou
antes das anteriores eleccións autonómicas a súa vontade de rebaixar o número
de deputados no Parlamento galego ata o mínimo impar posible dentro dos límites
fixados no Estatuto de Autonomía de Galicia (que establecía a necesidade de
contar con entre 60 e 80 parlamentarios).
Convén recordar que
tivemos a ocasión de aprobar a reforma electoral na pasada Lexislatura, coa
maioría obtida nas eleccións de 2009.
Decidimos esperar para
someter esa vontade concreta e especificada no programa electoral ao referendo
das urnas.
Convén recordar que,
co aval da maioría reforzada dos galegos polas Eleccións Autonómicas de 2012,
puidemos aprobar esta redución hai máis dun ano, ao inicio da presente
Lexislatura.
Decidimos esperar
ata poder falar coas novas direccións dos partidos que renovaron as súas
cúpulas directivas tras o resultado dos comicios.
Convén recordar que
puidemos reformar a lei só coa ampla maioría que concedéronnos os galegos nas
urnas.
Pese a elo, tentamos
negociar cos señores Pachi Vázquez, Abel Losada, Guillerme Vázquez, Xosé Luis
Méndez Romeu, Xosé Ramón Gómez Besteiro, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence,
Francisco Jorquera, Iolanda Díaz…
Tentamos chegar a
acordos con case cunha ducia de dirixentes políticos de catro partidos
diferentes e, no caso de dous deles, tanto coa anterior dirección como coa
xurdida dos seus últimos procesos congresuais.
Negáronse a falar en
serio deste asunto. Seguiremos a intentalo para alcanzar acordos onde haxa
marxe para logralos; pero será xa no trámite parlamentario dun proxecto de
reforma que rexistramos hoxe no Parlamento de Galicia.
A nosa proposta: un 20% menos de deputados.
Presentamos un
proxecto de reforma que va en consonancia co recollido no programa electoral
elixido pola maioría absoluta dos galegos, que contará co apoio de al menos o
55% dos deputados da Cámara, e que cremos que responde as preferencias dunha
sociedade que espera das súas institucións eficacia e racionalidade no gasto.
Esa reforma
rebaixará nun 20% o número de deputados e nun 20% o mínimo provincial a
repartir en la asignación de escanos de cada unha das catro provincias de
Galicia.
É dicir: unha
rebaixa simétrica, xusta e proporcionada, pola que pasaremos dun Parlamento de
75 deputados a un de 61, cuns mínimos provinciais que pasarán de 10 a 8
escanos.
É unha proposta que
non altera a proporcionalidade do sistema actual, e que non tería cambiado nin
un só dos gobernos que tivo Galicia dende o inicio da democracia. Nin sequera
nos casos dos escrutinios máis axustados.
Con este sistema
Fraga tería gobernado nas mesmas Lexislaturas nas que foi presidente; Touriño
accedería de novo á Presidencia en 2005 e Feijóo, en 2009.
Sobre os criterios territoriais e de
poboación.
Ata agora, 40 dos 75
escanos eran asignados por criterios territoriais (un 46,7% do total); agora
serán 32 de 61 (o 47,5%). Isto quere dicir que o factor poboacional queda
prácticamente igual. E o cambio, mínimo, dará máis peso que antes as persoas
por riba dos territorios. É dicir: o contrario do que a oposición criticaba
cando especulaba acerca da nosa proposta de reforma.
Sobre o valor do voto dos cidadáns en cada
provincia.
Se antes o voto dun
cidadán de Ourense equivalía a 2,02 votos de habitantes da Coruña á hora
repartir escanos en cada provincia, agora será 1,91; si o voto de un cidadán de
Lugo antes equivalía a 2,05 votos de habitantes da Coruña, agora será de 1,97.
Isto significa que o
sistema será máis xusto, porque tende a equiparar a importancia dun voto entre
as provincias máis poboadas da fachada atlántica e as do interior, sempre
dentro da máxima recollida na Constitución de protexer aos territorios menos poboados,
e que non só afecta a Galicia senón ao conxunto do Estado.
O cambio é pequeno
respecto ao modelo anterior pero desmonta as teorías dos que dicían que
queríamos quitarlle peso ás provincias máis poboadas por interese electoral. Ao
contrario.
Unha nova arquitectura institucional.
Galicia demanda
institución eficientes e racionais; unha nova arquitectura institucional áxil e
consecuente coa realidade da sociedade galega.
Una arquitectura que
xa aplicamos na organización interna da Xunta, cun 40% menos de consellerías.
Que xa aplicamos na
organización periférica da Xunta, na que pasamos de 53 a 5 delegados
territoriais.
Que xa aplicamos na
Administración paralela, suprimindo 57 entes de diversa índole.
Agora levaremos esa
nova organización máis acorde ao novo escenario económico e social de Galicia
ao Parlamento no que reside a soberanía do pobo galego.
O papel da oposición.
As eleccións de hai
un ano foron as últimas nas que Galicia elixiu unha Cámara de 75 escanos. A que
sairá das próximas eleccións será de 61.
O resto de grupos,
se non quere apoiar esta redución, está no seu dereito de incluír dende xa no
seu discurso político e nos seus programas electorais unha ampliación do número
de parlamentarios; unha volta aos 75 deputados ou mesmo a máis se o consideran
oportuno.
O PPdeG tentará
chegar a acordos co resto de grupos, pero non traizoará a vontade dos galegos
expresada nas urnas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario