O alcalde de Fene entrega a Cáritas o
cheque solidario da I San Silvestre "Concello de Fene"
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, entregou esta
mañá a representantes da agrupación local de Cáritas Fene un cheque por importe
de 650 euros, correspondentes á recadación efectuada coas inscricións da
carreira popular San Silvestre de Fene que se celebrou o pasado 31 de decembro.
Máis de 300 persoas tomaron parte nesta proba de
carácter lúdico, deportivo e tamén solidario xa que, como se contemplaba nas
bases, a recadación acadada -que se ven de entregar a Cáritas Fene- destinarase
a fins sociais.
Fene
e Cabanas xa dispoñen do Punto Limpo
O Punto limpo xa está habilitado nunha das parcelas do
poligono industrial de Vilar do Colo. os concellos de Fene e Cabanas xa
dispoñen das chaves. Onte a Mancomunidade de Municipios da ría de Ferrol
comprometeuse a levar a xestión do servicio que agora se licitará a unha
empresa por catro anos máis dous de prórroga, e ao que se suman os concellos de
Ares e Mugardos.
O punto limpo recollerá os materiais de refugallo
habituais destes espazos pero o de Vilar do Colo recollerá ademais elementos
novos, como os restos das podas ou plásticos industriais. Os usuarios serán
particulares e de momento non está previsto cobrar taxa algunha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario