Confiamos en que a
oportunidade dada pola UE ao naval valga para modificar a incoherente postura
de Almunia que pode custar 14.000 empregos en Galicia e o 5% da economía.
Almunia ten a dubidosa
honra de unir a todo un país en contra das súas decisións.
Almunia non pode vingarse
dos 87.000 traballadores do naval porque os españois non o elixisen no seu día
presidente do Goberno.
España non pide
patriotismo, pide xustiza. É incoherente que ante dous supostos similares,
Francia non tivese que devolver as axudas e a España se lle obrigue.
É incoherente que Europa
conceda fondos comunitarios para combater o desemprego e ao mesmo tempo tome
unha decisión que destrúe 87.000 postos de traballo.
Os estaleiros españois
cumpriron en todo momento a lei nacional. Por tanto, non houbo ningunha
irregularidade. A Comisión Europea xa dixo isto en 2009. Pero Almunia reabriu o
caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario