O presidente Feijóo traballará hoxe xunto a Asturias, País Vasco e o
Ministerio de Industria para forxar unha posición común que evite a decisión
avanzada a semana pasada por Almunia.
É incoherente que Europa conceda fondos comunitarios para combater o
desemprego e ao mesmo tempo tome unha decisión que destrúe 80.000 postos de
traballo.
É incoherente que ante dous supostos similares, Francia non tivese que
devolver as axudas e a España se lle obrigue.
Os estaleiros españois cumpriron en todo momento a lei nacional. Por tanto,
non houbo ningunha irregularidade.
O PPdeG comparte desde o primeiro minuto a defensa do sector naval que
fixeron o presidente Feijóo e a Xunta.
Para o naval, máis útil que a dimisión de Almunia é a súa rectificación
neste asunto.
O PSOE é benvido á defensa do naval. Esperemos que esta postura sexa a
definitiva. En apenas 48 horas pasaron de non subscribir un manifesto en apoio
do sector a pedir a cabeza de Almunia. Unha vez máis, Pachi e as súas firmes
conviccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario