O PPdeG comparte a
preocupación dos miles de familias que dependen do sector naval ante a ameaza
de peche masivo que supón o ditame de Almunia.
O “tax lease” condiciona
todo pedido de construción naval civil que se poida producir en España, sexa en
estaleiro público ou privado. Por iso é determinante que non se cometa unha
inxustiza que mandaría a 15.000 galegos ao paro dun día para outro.
O Goberno xa remitiu a
Almunia un novo informe de alegacións con argumentos xurídicos para rebater a
primeira decisión de esixir a devolución das bonificacións.
Os populares non saímos
de manifestación, pero si que facemos todo o posible en Madrid e Bruxelas para
que o berro unánime do naval galego se escoite e se faga xustiza.
Os estaleiros españois
cumpriron en todo momento a lei nacional. Por tanto, non houbo ningunha
irregularidade. A Comisión Europea xa dixo isto en 2009. Pero Almunia reabriu o
caso.
É falso que a devolución
das axudas non afecte os estaleiros e só vaia dirixida a armadores e entidades
financeiras. A devolución xera unha inseguridade xurídica que enterra o futuro
do naval español.
No hay comentarios:
Publicar un comentario