O presidente Feijóo forxou onte xunto a Asturias, País Vasco e o Ministerio
de Industria unha posición común que evite a decisión avanzada a semana pasada
por Almunia.
É incoherente que Europa conceda fondos comunitarios para combater o desemprego
e ao mesmo tempo tome unha decisión que destrúe 87.000 postos de traballo.
É incoherente que ante dous supostos similares, Francia non tivese que
devolver as axudas e a España se lle obrigue.
Os estaleiros españois cumpriron en todo momento a lei nacional. Por tanto,
non houbo ningunha irregularidade. A Comisión Europea xa dixo isto en 2009.
Pero Almunia reabriu o caso.
É falso que a devolución das axudas non afecte aos estaleiros e só vaia
dirixida a armadores e entidades financeiras. A devolución xera unha
inseguridade xurídica que enterra o futuro do naval español.
Para o naval, máis útil que a dimisión de Almunia é a súa rectificación
neste asunto.
O PSOE é benvido á defensa do naval. Esperemos que esta postura sexa a
definitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario