Feijoo definiu a Beiras como
«un dos excepcionais galegos» que eloxia «actos de vandalismo, violencia e
terrorismo en Galicia».
O Presidente da Xunta asegura
que, tras as declaracións do líder de AGE,
«Galicia sabe exactamente o que opina» da banda terrorista
Rueda: «Que nós sufrimos atentados
terroristas nas nosas sedes, iso quedou claro»
Rexeitou a «morneza» ante os actos terroristas doutros
partidos da comunidade ante os actos terroristas.
É indecente que o que para a
Xustiza é un procedemento penal por condutas tipificadas como actos propios do
terrorismo, Beiras o xustifique como un
mero exercicio de indignación.
É grave que Beiras se autodefina
como líder antisistema cando leva cobrando case 30 anos del, pero máis aínda o
é beneficiarse do sistema mentres se xustifica e ampara a quen queren derribalo
a golpe de explosivo.
Beiras pasou de protagonizar
actos violentos no Parlamento de Galicia a xustificar actos violentos con bombas
fóra del.
Así mesmo, tamén lamentamos que a
CIG se sume á defensa de Resistencia Galega denunciando a suposta
“excepcionalidade xurídica” á que se ven sometidos os independentistas.
Convén recordar que Resistencia
Galega é unha organización terrorista que utiliza artefactos explosivos para
queimar oficinas bancarias pero tamén sedes de partidos políticos. Sen ir máis
lonxe, a Policía atribúelle medio cento de actos violentos.
Fronte ao terrorismo, tolerancia cero. Os populares non nos moveremos
desa postura, ao igual que tampouco o farán os galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario