O PARLAMENTO
GALEGO APROBA A LEI DO SISTEMA UNIVERSITARIO, UN VELLO ANHELO DE GALICIA QUE
FIXA OS FUNDAMENTOS DAS UNIVERSIDADES PARA O SÉCULO XXI
O portavoz de
Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, destacou que nace despois dun
“proceso de elaboración impecable” no que participaron todos os sectores da
comunidade universitaria.
• “Hoxe é un
día grande para a universidade, porque aprobouse a primeira lei universitaria
especificamente galega, que agrupa normas
preexistentes e moderniza o corpo xurídico, así como actualiza o sistema
universitario e fixa o que a universidade debe aportar á sociedade e á Galicia do futuro”, dixo
• Román
Rodríguez subliñou que “arredor do 70 por cento das suxerencias e aportes
presentados por sindicatos, outras asociacións e as propias universidades foron aceptados durante
o proceso de elaboración desta norma”
No hay comentarios:
Publicar un comentario