Galicia cumpre
os seus compromisos de déficit á vez que blinda os servizos sociais. Os
esforzos colectivos dos galegos teñen recompensa.
A Xunta
conxelará as taxas universitarias para o curso 2013-2014. Galicia volverá ter
as taxas máis baixas de España, tanto de primeira matrícula como do resto.
Estudar unha
carreira nas universidades galegas é máis barato que en ningún outro lugar de
España. A educación superior seguirá sendo alcanzable para calquera alumno.
Unha carreira en
Galicia custa a metade que en Madrid, e a terceira parte que en Cataluña.
Ademais, a Xunta
aumentará en case 600.000 euros a partida de bolsas do Ministerio. Galicia
axuda aos seus mozos a mellorar a súa formación.
Esta é unha
aposta firme pola preparación dos nosos mozos, para garantirlles unha mellor
expectativa laboral de futuro.
Só o rigor
orzamentario e a responsabilidade no gasto permiten cumprir co déficit e facer
política educativa como esta. Feijóo cumpre os seus compromisos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario