FEIJÓO DI QUE A ALIANZA CO NAVAL ESTÁ
DANDO FROITOS E RENOVA O COMPROMISO CO SECTOR
Feijóo di que
a alianza co sector naval está dando froitos e renova o seu compromiso para
seguir traballando en posibilidades que dean emprego e riqueza aos estaleiros
galegos
Asegura que a Xunta, ademais de tratar de
paliar a difícil situación que estaban a atravesar estaleiros como Vulcano,
como Factoría Naval ou como Pymar, tamén avanzou na consecución de acordos
estratéxicos con Pemex para a construción de dous floteis, en Vigo e en Ferrol,
e “neste momento seguimos con esa petroleira tentando conseguir o contrato de
flota menor por 240 millóns de euros”, asevera
Avanza que,
onte mesmo, un estaleiro de Vigo conseguiu un contrato nun país asiático “que
vai dar carga de traballo en máis dun ano”
Lembra que os problemas actuais do naval
galego teñen dous nomes: o tax lease, que está solucionado para o futuro, pero
aínda sen solucionar para o pasado, asunto “no que o señor Almunia ten a
palabra”; e Navantia, da que o Goberno de España é titular e ten a responsabilidade
“máxima na viabilidade desta empresa pública”
No hay comentarios:
Publicar un comentario