Os dous grandes partidos representan o 85% do Congreso. Por tanto, o pacto
reflicte a unha inmensa maioría de españois.
É positivo que o PSOE abandone a posición do ‘non a todo’ e se sume para os
grandes acordos de Estado. Transmite á cidadanía seguridade e confianza.
Preguntámonos por que non o fixo antes.
O Goberno sempre estivo disposto a negociar e acordar. Parece que o PSOE
tardou demasiado en reaccionar trala súa derrota electoral de 2011.
En Galicia, Pachi debería tomar nota de Rubalcaba. Os seus votantes queren
que dialogue coa Xunta, e non que se apunte a todas as manifestacións xunto a
AGE e BNG.
Gustaríanos que o primeiro partido da oposición de Galicia fose útil e
abandonase o seu actual intrascendencia tanto en Galicia como eiqui en Fene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario