Valoramos positivamente que o Goberno galego poña en
marcha un programa de incentivos destinado a ofrecer solo industrial accesible,
máis barato e en mellores condicións de pagamento, procurando, ademais, vías de
colaboración con todos os axentes implicados.
Deste xeito, involúcrase a todos no obxectivo de que os
que queiran investir en solo empresarial en Galicia saiban onde poden facelo xa
que, neste momento, é máis barato que nunca levalo a cabo.
A posta en marcha deste proxecto responde á constatación
de que, a pesar do descenso da actividade económica, existe demanda de solo
industrial e en 2012 vendeuse maior superficie que en 2011.
Así mesmo, estas medidas supoñen dar un paso máis para
impulsar o emprendemento a través dun mellor acceso ao solo industrial.
Descontos
e facilidades de pagamento
Os
descontos e facilidades para pagar o solo industrial van desde bonificacións do
5% do prezo da parcela para os interesados ou os que se inscriban no rexistro
de demandantes, a descontos por pago ao contado por volume de compra que poden
ser de ata o 10%, con bonificacións extra do 5% por compras superiores a
500.000 euros. Ademais, nos casos de operacións que engloben tres ou máis
parcelas haberá un desconto adicional doutro 2%.
Xunto
con isto, no caso das naves e industrias emprazadas fóra de ordenación, establécense
condicións especiais para facilitar o traslado a polígonos industriais de
acordo coa normativa urbanística. Neste caso, a achega dos Xestures será dun
desconto do 3% sobre o prezo de venda que se ven sumar aos descontos
anteriores.
Tamén
se ofrecerán parcelas singulares a baixo prezo, con descontos que oscilan entre
o 5 e o 50%.
Polo
tanto, estamos cunha batería de descontos que serán de media do 20%, cun mínimo
no contorno do 5% e un máximo do 50%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario