TAX LEASE
O comisario socialista
Joaquín Almunia feriu de morte ao sector naval español, e especialmente, ao
galego.
A decisión non oficial
aínda de declarar irregular o anterior sistema de bonificación e de ter que
devolver as axudas é inxusta.
Nunhas circunstancias
similares, Francia non devolveu un euro. Hoxe, Almunia castiga a España.
Dicir que os estaleiros
non van devolver as axudas e que, por tanto, a decisión non lles afecta, é
enganar á cidadanía. Os investidores esixirán indemnizacións aos estaleiros, e
estes terán que pechar ao non poder facer fronte.
O PPdeG esixe ao PSOE e ao
seu líder, Rubalcaba, que exerzan a presión necesaria co seu compañeiro de
partido Almunia, para evitar a morte do naval.
Mentres un goberno como a
Xunta buscou investimentos e investidores para o sector naval, un comisario
socialista decretou o fin do naval e a destrución masiva de emprego neste
sector.
Almunia non só demorou un
ano a aprobación do novo tax lease, co prexuízo xerado nuns estaleiros que
viron lastrada a súa competitividade fronte a outros do norte de Europa, senón
que agora abócaos ao peche con esta decisión.
España amosou que os
estaleiros actuaron con confianza lexítima. Pero á marxe de cuestións
xurídicas, o sentido común leva a pensar que EUROPA non pode actuar contra
EUROPA.
Despois do esforzo levado
a cabo para manter a flote os estaleiros, non podemos permitir que a Comisión
Europea afunda o naval galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario