O PP comparte a
preocupación de toda a comarca sobre o futuro do sector naval e a alarmante
taxa de desemprego.
Máximo respecto
á cidadanía que libremente decidiu participar na folga comarcal de onte. Foi
unha boa noticia que non houbese incidentes e todo se desenvolvese dentro dos
límites da convivencia pacífica.
O futuro de
Ferrol depende do estaleiro de Navantia. Durante seis anos de gobernos
socialistas en Madrid, a empresa non realizou un só encargo.
O presidente
Feijóo manifestou onte a súa profunda decepción pola política comercial de
Navantia desde o cambio de goberno en Madrid. O único contrato asinado é o de
Pemex, e esa xestión é da Xunta e do seu presidente.
O PPdeG comparte
a posición de Feijóo. Navantia debe facer mellor o seu traballo, xa que Ferrol
é a única unidade de negocio do estaleiro público rendible a día de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario